Homer's profileHomer GZPhotosBlogListsMore Tools Help

Homer GZ

Homer GZ

Occupation
Location
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
May 05

Abandonados

  Diossss! Que abandonado teño o Space! A ver si un día destes poño algo coherente
March 19

Tendencias Cachulistas

 
  E ven resultando que non entendo as novas modas!
  Debo ir vello! Coma en tódalas xeracións hai algo que causa ruptura cá anterior. Pero non podo entender absurdeces tales coma o de leva-los pantalóns polos xeonllos.
 
  Entendo que o de abrocha lo cinto no peito non sexa algo... normal, pero o de leva-lo tiro tan baixo que non es quen de move-las pernas... psssss! Nin pode ser cómodo nin é estetico!!
  Non me vou meter nos gustos da xente (algo que últimamente tamén anda algo "tocado"). Cada un pode ter as súas preferencias. O que me parece unha falta de respeto é ter que verlle os calzóns a tódolos adolescentes pola rúa. Que unha cousa é que se vexa a goma sobresaíndo na cintura (que hasta pode ser bonito) e outra ben distinta ver o lamparón de suor da legaña do cú plasmado no gallumbo de turno.
 
  En fin. Que de casta lle ven ó galgo. E meu avó era dos que subía os pantacas ate aforca-los ovos. Non quero chegar a tanto... pero NUNCA hei deixar cae-los pantacas ate non poder andar
October 07

Debut Oficial da Selección

Un momento esperado por todos, un hito na historia do deporte galego e unha oportunidade por parte dun organismo con ganas de organizar novas competicións non excluíntes e acordes coa actualidade social dos diferentes países e diferentes identidades que andamos mesturados pola Europa adiante.
   Esta fin de semana, a Selección Galega e a Euskal Seleccioa debutaron nunha competicion OFICIAL organizada pola AER (Asociación Europea de Rugby): o Campionato de Europa de Rexións. Velaí tedes o cartel do primeiro partido. Deste xeito dase renda solta a unha petición social que se oe dende hai anos: A participación en partidos oficiais da Selección Galega. Sombreiro para a AER, a ver si cunde o exemplo en organismos coma a UEFA e se organizan este tipo de torneos en máis deportes coma Basquet ou Hockey.
   A mala (e ó mesmo tempo boa) nova é que palmamos, por un resultado de 8-26 , o que da a entender que se fixo un bon papel ante un rival con moita máis tradición de Rugby na súa terra. Non é unha derrota abultada e aínda se poden facer moitas cousas neste torneo. Sorte para os rapaces da Selección.

 Se queres enviarme un mail, clicka aquí

 
Cosas  
Photo 1 of 15